luns, 11 de xaneiro de 2016

Datos de flexibilidade horaria e teletraballo no 2015: 8.500 persoas flexibilizan a súa xornada pero só 93 teletraballan

A flexibilidade horaria continúou coa súa boa implantación entre o persoal da Administración xeral da Xunta que polas características do posto que ocupa pode facer uso dela. Non foi así co teletraballo cuxa implantación remata o 2015 como empezou no 2014, coma un fracaso.

No 2015 continuou o lixeiro aumento das persoas que teñen réxime horario de flexibilidade, tanto na modalidade xeral (865) como na familiar (192). En termos relativos os aumentos no 2015 das flexibilidades concedidas foron do 11,62% na xeral e un 19,43% na familiar. O peso do incremento leváronno sobre todo as flexibilidades nos servizos periféricos.

No teletraballo houbo un aumento considerable a nivel porentual (do 50,53%) mais a nivel absoluto o total de persoas que teletraballan oficialmente na Xunta son tan só 93 das 2000 potenciais das que se falaba cando lanzaran o proxecto.



DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
DURANTE O ANO 2015

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.443 (+865)
2.877 (+134)
4.566 (+721)

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
988 (+192)
389 (+64)
599 (+128)

TELETRABALLO
APROBADAS*
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
93 (+47)
67 (+30)
26 (+17)
*inlcuídas as prorrogas

Así pois, vemos unha tendencia cara o estancamento no límite das 9.000 persoas con algún tipo de flexibilidade horaria e nas 100 que teñen o réxime de teletraballo. En todo o caso, recordamos que esto son datos para o persoal de Administración Xeral da Xunta de Galiza, do que segundo o último censo está nas 16.000 traballadoras e traballadores públicos.

As denegacións en ambos os casos fican tamén estancadas cunhas anecdóticas cifras na flexiblidade (26 na xeral e 12 na familiar) pero non tanto no teletraballo, onde as denegacións (55) son máis da metade das resolucións favorables incluídas as porrogas (93).

Con relación dos datos específicos destes dous úlitmos meses de novembro e decebmro,  continúa a tendencia de aumento da flexibilidade nos servizos periféricos, sobre todo a xeral, e tamén as prórrogas do teletraballo. Tan só houbo unha denegación de flexiblidade xeral en servizos periféricos (Dirección de albergue).



DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS
31 DECEMBRO 2015 (comparativa cos datos a 31 de outubro de 2015)

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
7.443 (+283)
2.877 (+21)
4.566 (+262)

Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
988 (+24)
389 (+6)
599 (+18)

TELETRABALLO
APROBADAS*
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
93 (+7)
67 (+6)
26 (+1)
 *incluídas tamén as prorrogas


DATOS DE DECEMBRO

DATOS DE NOVEMBRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario