mércores, 27 de xaneiro de 2016

Datos do que deron de si as comisións de servizo no 2015

No ano 2015 autorizáronse un total de 658 comisións de servizo e 1.017 foron renovadas. Recordamos que a "comisión de servizos" é a figura de cobertura temporal máis empregada entre o persoal funcionario e equivalente á "adscrición provisional" no caso do persoal laboral, para a que aínda seguen sen facilitarnos os datos informatizados. 

En calquera caso, canto menos no persoal laboral a adxudicación da cobertura temporal de postos realízase atendendo a criterios obxectivos como antigüidade e pertenza ao centro, amais de existir rotatividade, de haber máis dunha persoa solicitante, non ficando a mesma durante anos por moito que non se convoque (ou resolva) o concurso de traslados.

Datos desagregados

Comisións de Servizo: Houbo un total de 658 (165 en níveis dezaioto e 147 en niveis vinte e cinco; así mesmo, 78 xefes/as de servizo e 31 subdirectores/as foron nomeados por esta forma de provisión.

Prórrogas de Comisións de Servizo. Renováronse ao longo do ano 1.017 comisións. Destas, 281 foron en níveis dezaoito e 268 en níveis vinte e cinco. Destacar que 63 xefes/as de servizo e 9 subdirectores/as renovaron a súa comisión de servizo, contribuíndo a apalancar os postos que teñen en titularidade, cousa que non sucedería de ser nomeados/as con dilixencia na libre designación.

Adscricións provisionais. A pesar de que é unha figura utilizada para recolocar a xente co posto amortizado/reconvertido ou cesada, maioritariamente é utilizada neste segundo caso. Resolvéronse 58 en todo o 2015. Delas 23 corresponden a cargos de LD (níveis 28 e 30) e 10 destas persoas curiosamente pasando mesmo dunha LD a outra, sen baixar das alturas. 

Revogacións. Un total de 22 en todo o ano. O que  máis destacable é que de 5 que se revogaron de categoría xefe/a de servizo, catro destas son da mesma unindade, a APLU.

Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario