luns, 4 de xaneiro de 2016

Terceira reunión das cartelerias do persoal da Consellaría de Política Social da Coruña

Terceira reunión coa xefatura territorial para coñecer os criterios das carteleiras de 2016, o comité de empresa demanda que se cumpra o artigo 18.6 do convenio e ter unha negociación por unhas quendas de traballo xustas e equilibradas.

NOVA REUNIÓN: luns, 28 decembro 2015, a Xefatura Territorial tendo en conta a petición formulada polo Comité de Empresa respostou por escrito ás alegacións ás propostas de carteleiras de traballo de 2016, e nesta reunión tratase de valorar a contestación da Xefatura Territorial.


Unha vez máis e a maiores da Xefa Territorial e de varios directores dos centros, estivo presente Eduardo Mato , Subdirector de Persoal da Conselleŕia. Entendemos que a presencia deste alto cargo da consellería confirma a importancia das reivindicacións do Comité de Empresa e a vontade da consellería de estar presente na reunión, cun interlocutor con fio director co secretario xeral e co conselleiro. Circunstancia pola que o Comité de Empresa entende que é o momento de deixar moi claro que estamos a reivindicar A REPOSICIÓN DOS DEREITOS DO PERSOAL LABORAL e que ESIXIMOS NEGOCIACIÓN E CARTELEIRAS EQUILIBRADAS

*** As respostas, POR ESCRITO, da consellería de Política Social as demandas do Comité de Empresa, foron as seguintes:


1º. REPOSICIÓN DO ARTIGO 19 : Resposta da consellería: "Lamentablemente non está dentro do noso ámbito competencial o poder aceptar a alegación de que se repoña o artigo 19 de V Convenio".

2º. SIGNIFICADO DA "X" POSTA NAS CARTELEIRAS: Resposta da consellería: "É axuste horario en carteleira, para recortar secuencias de períodos superiores a cinco  días consecutivos de traballo". Na reunión, unha vez máis, o Comité solicita se aclare si computa ou non como tempo traballado e como vai ser en vacacións ou licencias, permisos, etc. A XEFA Territorial e o Subdirector contestan que NON COMPUTA como tempo traballado. Dende o Comité insistimos que queremos coñecer o VALOR das X, si se dan por compensación de domingos ou si é algo discrecional e arbitrario... si é para cortar secuencias vanse dar moitas desigualdades nas quendas e non vai responder a criterios obxetivables e van quedar fóra o persoal de fin de semana polo tanto discriminado e sen compensacións.

3º. 24 e 31 de decembro: COMPENSACIÓN REAL PARA QUEN TRABALLA E TAMÉN PARA QUEN LLE COINCIDA EN LIBRE OU DESCANSO. TODO O PERSOAL LABORAL TEN QUE TER 14 FESTIVOS MAIS 2 POR 24/31 (Igual que o persoal funcionario e o persoal de luns a venres). Resposta da consellería. "estarase ao disposto na Instrucción de Función Pública". Isto é aos que traballan si se lle da 1 día e o resto do persoal nada, engade o Subdirector de Persoal que o que non este de acordo o reclame xudicialmente.

4º. Do resto de alegacións, contestan:

 - Librarase o 50% dos fins de semana en cómputo anual, de forma que nas propostas das matrices de carteleiras, as libranzas prodúcense en fins de semana alternos.

-Non existe compensación para o persoal contratado en fin de semana.

-Dúas noites consecutivas máximo.

-Cinco días consecutivos máximo.

-Non aceptan axustar os horarios para dar o tempo de "cambeo de quenda"  .

-Non aceptan as libranzas das saídas das noites.

-Non se garantiza como mínimo, a libranza da metade dos Festivos reais.

 5º Acordase que con estas novas incorporacións de alegacións, se remitan ao Comité as carteleiras que se modifican, e se teñan en conta as propostas dos traballadores e traballadoras dos centros, que remitiron alegacións ao Comité e tamén directamente as direccións ou a Xefatura Territorial. Considerando que estas alegacións dos traballadores as fan os mesmos para mellorar as suas carteleiras nos centros e como así deben ser tidas en conta. Compre que estas alegacións sexan apoiadas pola maiora do persoal en cada departamento con constancia por escrito. TERASE una nova reunión o 12 de xaneiro de 2016.

O Comité de Empresa fai constar que o retraso en poñer en vigor as carteleiras,  non é responsabilidade do Comité de Empresa, e que a consellería poderia telas provisionalmente en vigor xa dende o 1 de xaneiro de 2016, ainda sen o acordo do Comité, como se fixo todos os anos anteriores. Comprometense a que sexan efectivas dende o 1 de febrero de 2016


6º. O Comité de Empresa entende que CONTINUAMOS CON TERMINOLOXIA ABSTRACTA E BOTAR BALONS FORA. A CULPA É DE FUNCIÓN PÚBLICA, A CULPA É DE FACENDA...A CULPA É DA CHUVIA OU DO SOL...COMO SI NON GOBERNASE NA XUNTA O MESMO PARTIDO POPULAR E O MESMO PRESIDENTE NUÑEZ FEIJOO. SEGUIMOS COAS IMPOSICIÓNS E O DESPRECIO AO PERSOAL QUE TRABALLA EN CONDICIÓNS ABUSIVAS E DE RECORTES QUE MACHACAN DEREITOS COMO A CONCILIACIÓN LABORAL FAMILIAR E A COMPENSACIÓN POR TRABALLAR EN DOMINGOS OU FESTIVOS.


CONSIDERAMOS QUE É O MOMENTO DE REPOÑER UNHAS CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS. DE SOLUCIONAR O PROBLEMA DE ESCASEZ DE MEDIOS E FALTA DE RECURSOS PARA OS CENTROS DE ATENCIÓN DIRECTA DE POLÍOTICA SOCIAL.


RESPONSABILIZAMOS AO NOSO CONSELLEIRO REY VARELA E AO PRESIDENTE FEIJOO DE MANTER E IMPOÑER UNHAS CONDICIÓNS DE TRABALLO INXUSTAS, DISCRIMINATORIAS E DE DETERIORO DOS SERVIZOS QUE SE PRESENTAN NOS CENTROS DE ÁTENCIÓN DIRECTA DE POLÍTICA SOCIAL.


QUEREMOS NEGOCIAR SOLUCIONS E NON ESCOITAR IMPOSICIÓNS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario