Seguen facendo pequenas modificacións no documento que recolle os "criterios de excepcionalidade para a cobertura de postos de xefaturas de servizo ou equivalentes por libre designación". Descargar último borrador
De feito xa lle están dando ata un enfoque público que ata saltou ás páxinas de La Voz de Galicia. Despois da inevitable comparación co "bipartido" vén a crítica e ata a propia redación de La Voz recoñece que "son tantos os supostos que escaparán ao criterio xeral que a selección por concurso específico que estipula o novo marco normativo quedará desvirtuada".
Deben ter tanto medo que ata por concurso específico se lle poida escapar o control político nos mandos intermedios da Administración, concurso que por lei pode acadar ata un 45% de libre designación. Por suposto, despois vén a excepción da excepción, ou que os postos 25 tamén poidan ser por LD/Concurso específico. Xa anuncian que o "marxe de negociación" vai a ser mínimo e así está sendo. Consideramos estes criterrios como un insulto á profesionalidade, independencia e capacidade de formación do persoal funcionario da Xunta de Galiza.
Da proposta remitida, a Administración comunica que se suprimen os criterios 1.1.2, 1.1.6 e 4.3 e que se proceden a diversas modificacións nos criterios 2.1, 2.2 e 3.1.
Esta son as sinrazóns da Xunta:
Esta son as sinrazóns da Xunta:
- Xestionar información especialmente reservada da Xunta.
- Exercer a representación institucional da Xunta.
- Garantir o adecuado exercicio da autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta.
- Garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos da cidadanía en situacións de alerta sanitaria ou de urxencia.
- Garantir a protección de datos persoais.
- Funcións de carácter directivo en centros dependentes da Xunta.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario