Está dispoñible desde a intranet o servizo de repositorio legal e de xurisprudencia do Aranzadi-Westlaw, clicando nesta ligazón.
En principio, parece que está aberto a todo o persoal con acceso á intranet corporativa da Xunta.
En principio, parece que está aberto a todo o persoal con acceso á intranet corporativa da Xunta.
Ademáis, na anterior ligazón pódese atopar outros repositorios legais que ofrecen información especializada en materia de lexislación e xurisprudencia como "El Derecho", "EUR-Lex" e Iustel.
Un compañeiro de Facenda nos advirte que o persoal desta consellaría non ten acceso a estes repositorios e cremos que todo o persoal da Xunta debería ter acceso a este recurso:
ResponderEliminarEn relación coa nova que publicades no voso blog: http://cigsancaetano.blogspot.com.es/2016/02/acceso-ao-repositorio-de-aranzadi.html gustaríame facer uns comentarios, por de desexades telos en consideración.
Resulta que dende os ordenadores da Consellería de Facenda non funciona o acceso á páxina de Aranzadi (Westlaw). Xa hai algún tempo queixeime no CAU da Xunta por este motivo e dixéronme que o problema estaba no CIXTEC e nos enderezos IP dos ordenadores de Facenda.
Non obstante, tamén debo dicir que a través da intranet da Consellería de Facenda si que podo acceder a La Ley Digital, que é outro repositorio de lexislación e xurisprudencia.
En calquera caso, non me parece nada ben que os que traballamos en Facenda non teñamos acceso a tódolos servizos dispoñibles na intranet da Xunta, coma o resto de empregados públicos.