O 12 de febreiro houbo unha nova reunión para falar da microproposta de modificación da RPT da AMTEGA se ben se seguiu falando doutros temas de interese para o persoal público que traballa nesta axencia.
Sobre a modificación da RPT
a) Xefatura de sección de coordinación económica e protección de datos (nova creación):
Eliminan o mérito de experiencia en xestión económica. Manteñen o mérito de formación en Xestión económica e engaden o de formación en Protección de datos (este mérito é novo e aínda non ten código).
b) Xefatura de departamento de sistemas (área de infraestruturas e telecomunicacións): Sobre a apertura á Administración local seguen insistindo na necesidade de facelo. Opoñémonos en base á non reciprocidade das administracións locais. En todo caso, convenio cos concellos que sexan recíprocos. Non entendemos en que pode contribuír a esta praza o persoal dos concellos. Volvemos recalcar que están preparándolle o posto para alguén do concello de Santiago, que tras eleccións municipais quedou sen carguiño… recordándolles que isto é un xeito para entrar pola porta de atrás, xa que no caso de cesalo neste posto quedaría integrado na Amtega.
Sobre a homologación salarial do persoal do grupo III-91
Non temos claro quen o está cobrando e quen non. Dinos que son entorno a 40 postos de persoal laboral (grupos I,II,III e IV) os que non o están cobrando. Queren unha solución global para todos. Dinnos que hai persoal que o ten orzamentado pero non o cobra por ter sentenzas en contra ou ben por non ter sentenzas (non o levaron ao xulgado). Insistimos en que se teñen orzamento hai que pagarllo e, aínda que haxa sentenza negativa, a administración, na súa potestade de autoorganización, pode facelo.
Reposta: con sentenza negativa a administración non vai pagar, a única maneira de que llo paguen vai ser cun acordo.O acordo que propoñen consistiría nunha solución global para todos os postos que non o cobran (uns 40). A opción que dan é, que en base o orzamento dispoñible cada ano, se lles fose pagando a todos os afectados unha parte, para progresivamente acadar o 100 % da homologación salarial.
Para tratar mellor o tema nunha vindeira reunión solicitamos que nos remitan un listado RPT no que en cada posto apareza a liña orzamentaria correspondente. Comprométense a remitir tamén a relación de códigos de postos que actualmente o están cobrando e cales non, e o custo total que suporía. Dinos o xerente que queren que este acordo se aprobe o antes posible (maio).
Postos de nova creación (RPT marzo 2015) sen cubrir
Programador/a-Vigo, Sección-Pontevedra, Sección-Ourense e Operador-Ferrol
Incidimos de novo na urxencia da súa cobertura. Pomos como exemplo o departamento de Ourense, no que unha persoa está a facer as funcións do posto de xefatura de sección dende os inicios da AMTEGA sen cobrar por iso. Reposta: van intentar cubrilas.
Denegacións de teletraballo a Operadores/as de Ordenador
Expomos a necesidade de que o informe (favorable ou non) do centro directivo veña motivado e acompañado por un informe do centro de destino dado que coñece mellor as funcións e traballo que está a desempeñar o persoal. Resaltamos que máis do 95% das incidencias e peticións de servizo se resolven remotamente sen necesidade de desprazamento ao posto final. Ademais, dende a integración do persoal informático na AMTEGA, calquera operador/a pode acudir a resolver ese 5% das incidencias que requiran presenza física. Cunha adecuada organización e planificación do departamento sería posible que entre 3 ou 4 persoas tivesen teletraballo.
Resposta: isto non depende da dirección da AMTEGA senón de cada área, pero que trasladarán a cuestión ao responsable de área.
Concurso de traslados
Ante a nosa petición responden que depende de FP convocalo, non se sabe nada de datas. Que non debería haber problema en organizalo porque tampouco son moitos os postos. Resaltamos a necesidade de que os postos de Santiago teñan especificado o centro de destino. Solicitamos a implantación do concurso permanente.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario