Tal e como todos os anos, saca a Xunta, cun par de días de antelación, a tradicional resolución anual de modificación de xornada para luns e martes de entroido.
A dita modificación é de aplicación a todas as empregados e empregadas públicas da Administración xeral e consiste, con carácter xeral, nunha redución de xornada de 1:15 á partires das 14:00h o martes e de 1:15h ata as 9:00h do mércores. A esta redución habería que aplicarlle as peculiaridades do réxime de flexibilidade horaria tal e como foron comunicadas aos correos electrónicos corporativos da Xunta por parte da Dirección Xeral da Función Pública.
Aínda que non indica nada na comunicación, e dado o contido desta, enténdese que esta modificación só opera para o persoal que teña horario de réxime xeral con ou sen algún tipo de flexibilidade horaria. Así pois, non se lle aplica ao persoal con réxime de quendas, ao que como no caso do horario de verán, non se lle compensa de ningún xeito esta redución horaria,m sufrindo un claro prexuízo.
Por outra parte, con esta pouca antelación, non sabendo cada ano se vai haber ou non redución, pouco se pode conciliar estes días, que por certo, son vacacións escolares. Debería estar recollida na Orde de xornada laboral como o está o horario de verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario