Tralas queixas recibidas por non ter un acceso directo a este repositorio legal, puxémonos en contacto coa Dirección do CIXTEC e conténstannos que si se pode acceder desde a Consellaría de Facenda pero hai hai que solicitalo persoalmente; ou sexa, que non é de acceso directo.
Agradecemos a cordial resposta do CIXTEC pero vémolo como unha solución transitoria e gustaríanos que se traballara por integrar todos os recursos transversais da Xunta en igualdade de acceso e condicións para todo o seu persoal.
Estimados Sres.
En
relación co seu correo de data 5 de febreiro de 2016 no que expresan a
súa inquedanza pola imposibilidade dun usuario
a hora de acceder a base de datos xurídica de Aranzadi (Westlaw),
informar que a base de datos xurídica Aranzadi (Westlaw) é accesible
para calquera usuario da Consellería de Facenda que estea debidamente
autorizado.
1)
Acceder a intranet de Facenda a través do enderezo
http://intranet. conselleriadefacenda.es
2)
No apartado “EMPREGADO PÚBLICO” que está situado na xanela central-dereita da páxina premer na icona “SOLICITUDE
DE ACCESO AOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN”
3)
Unha vez que se accedeu a este apartado, hai que seleccionar a pestana “FORMULARIOS ESPECÍFICOS DA CONSELLERÍA
DE FACENDA”
4)
A continuación seleccionar o formulario “SX020Q-SOLICITUDE
DE XESTIÓN DE ACCESOS Á INTRANET” (ultima icona da terceira columna)
5)
O interesado deberá cumprimentar o formulario, e este deberá ser asinado convenientemente
6)
Unha vez cumprimentado o formulario deberá enviarse ó CIXTEC por calquera das seguintes vías:
-
Calquera dos seguintes correos electrónicos:
-
Correo ordinario
En calquera caso si o usuario ten algunha dúbida, pode poñerse en contacto co Centro de Atención a Usuarios do CIXTEC a través
de calquera das seguintes vías:
Teléfono: 981 54 13 00
Correo electrónico:
cau@cixtec.es
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario