No DOG do 12 de febreiro publicouse a convocatoria da primeira vaga de actividades de formación continua da EGAP para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. No DOG do 11 aparecen publicadas a convocatoria das actividades para o persoal da Administración Local e máis de Xustiza.
Hai 10 días naturais de prazo para matricularse nas actividades formativas desde as 8:00h do sábado, 13 de febreiro ata as 14:00h do luns, 22 de febreiro, coma sempre telemáticamente a través da seguinte ligazón. O número máximo de cursos que se pode
solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 6 en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.
Novas relacionadas:
Que cursos vai organizar a EGAP no 2016? E os temarios das oposicións para cando?
Ningún comentario:
Publicar un comentario