luns, 22 de febreiro de 2016

Sobre os méritos moi específicos e as xefaturas de sección por LD: RPT Presidencia

Séguese coa modificación da RPT dos órganos superiores da Presidencia. Da última xuntanza do 15 de febreiro e sobre as últimas correccións, chama a atención as seguintes pinceladas:

Xefatura de Sección de Cordinación

Seguen coa teima de que sexa de LIBRE DESIGNACIÓN. Desde a CIG mostramos a nosa máis rotunda oposición e máis baseándose no argumento de “asesoramento e dependencia directa dun alto cargo”, mostrámoslles RPT’s onde hai postos de distintos niveis dependentes de altos cargos e todos son de concurso; de feito preguntóuselles cantos posto deste formato coñecían, ao que non souberon que contestar, pero dixeron que mirarían nas RPT’s das consellerías para saber si os hai. 


Desde a CIG indicamos que de manterse esta postura por parte da consellería, incluso pensariámonos denunciar o caso ante a Xustiza, pois xa fai anos que a Xunta de Galiza tivo que corrixir os postos de xefatura de area de nivel 26 , libre designación, da Consellería de Medio Ambiente.

Xefatura de sección de Cordinación Oficina de información da Emigración

Solicitase a retirada como MÉRITO a “EXPERIENCIA EN MATERIA DE EMIGRACIÓN E RETORNO”, por considerar moi difícil poder certificar esa experiencia por parte de ninguén, e incluso que se lle certifique segundo “amiguismos“. En canto ao mérito de “formación”, solicitamos que quiten o punto dos "masters oficiais en Emigración e/ou Inmigración", incluso indicamos entre todos os sindicatos que non debe ser nesta mesa onde se deba desagregar os méritos formativos, senón que queda para cando exista un concurso do postos. Comentan que o revisaran.

Xefaturas de sección deportiva I e II 

Non eliminan o mérito de titulación en INEF; amplían a mestre/a con especialidade en educación física. Recordamos que hai postos de técnicos/as específicos para este tema.

Peón/oa Especializado/a

Positiva a non amortización do posto; modificación para que a quenda de traballo sexa pola tarde para mellor servizo da instalación. Non obstante, seguimos opoñéndonos a destrución de emprego público, sobretodo cando os postos que se amortizan seguen sendo pola base, invertendo con elo a pirámide de traballo.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario