Achéganos Función Pública dúas microlistaxes de prazas que se van ofertar nos actos de elección de destino dos procesos selectivos das especialidades de A1 Arquivos e A2 Bibliotecas convocados en 2014. Dan de prazo até 4 de febreiro para achegar calquera consideración.
- A1 Arquivos (corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo
A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade
de arquivos) Descargar prazas.
- A2 Bibliotecas (corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bilbiotecas) Descargar prazas.
Coma sempre o criterio das prazas que teñen que ofertar non está recollido en ningunha norma, polo que empregan a tradición con máis ou menos excepecións. O caso é que a tradición de ofertar prazas que pasen por un concurso desvirtúase cando os concursos son cada 7 anos, como pasou en Administración especial. Logo, entre que vén o concurso e non vén, as prazas vacantes que non pasaron terminan sendo amortizadas polo camiño, como xa pasou en Arquivos, e pode que volva a pasar con ata 5 prazas que detectamos que están vacantes pero "non pasaron por un concurso"... pero por que concurso ían pasar se o último foi no 2012!? E o pero é que non parece que vaia haber outro en breve.
Curiosamente no caso de Bibliotecas dinnos que resulta necesario ofertar postos que non cumpren o requisito de ter pasado por un concruso de traslados. Aquí rompen o criterio xeral, que como dicimos non está escrito en ningures e por tanto opera a potestade organizativa da Administración, con tal de que oferten tantas prazas como as persoas que superaron o proceso chega para os efectos legais.

E máis ainda, hai prazas de sentenza que non acaban de agromar a provisión ordinaria. De feito tiñan que ir nesta OEP de 2016, pois a XUNTA está a imcumplir a propia Lei que promove. "As prazas de sentencia unha vez creadas en RPT deberán proveerse no seguinte concurso ou proceso selectivo"
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar