Levan bo ritmo as sentenzas das pagas extras de 2013. Son xa catro as sentenzas que lle recoñecen ao persoal funcionario dos servizos centrais da Xunta de Galiza o dereito ao cobro íntegro dos complementos específicos nas pagas extras dese ano. A última sentenza recaída nos Xulgados do Contencioso de Compostela, o 29 de xaneiro, recoñece o dereito a cobrar 1.013,92 € máis xuros de demora e condena a 400€ en costas á Xunta de Galiza. A sentenza é firme e non cabe recurso.
No ano 2013, o goberno de Feijoo decidiu recortar o complemento específico (ou concepto equivalente para o persoal laboral) nas dúas pagas extras de todo o seu persoal pasando a ser Galiza unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional. Recorte que continúa hoxe en día e que continúa na Lei de Orzamentos do 2106, medida co que aproximadamente están a quitarnos uns 200 millóns de euros por ano a todo o persoal que cobramos da Xunta.

Nestas catro sentenzas fica como novidade que ao existir silencio na reclamación salarial en vía administrativa, a Xustiza recoñece que o sentido deste é positivo e polo tanto estima na súa totalidade a reclamación da persoa traballadora. A pesar de todo, nas sentenzas nas que non haxa silencio na reclamación administrativa, a Xustiza recoñece con carácter xeral a reclamación subsidiaria do terzo do complemento específico de xuño, ou sexa, a parte devindicada en xaneiro e febreiro ata que entrou en vigor a Lei de orzamentos galega dese ano.
Para o persoal laboral a reclamación fíxose en vía de conflito colectivo e resolveuse no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) estimando a reclamación subsidiaria. Poren, non é firme e está recorrida pola Xunta en casación ante o Tribunal Supremo (TS) co obxecto de atrasar todo o que poida o inevitábel.
A Xunta leva desoíndo as nosas advertencias da ilegalidade das súas actuacións en canto a reclamación subsidiaria. Tamén ignora a nosa demanda lexítima da devolución destes complementos a todo o persoal afectado polo recorte. Estas actuacións implican uns custos e saturación da vía xudicial aos que lle da igual facer fronte á Administración autonómica porque non sae do peto dos seus responsables políticos. O único que din é que "respectan as sentenzas" ao mesmo tempo que sacan peito coa recuperación nos Orzamentos de 2016 do 50% que falta por pagarnos daquela outra paga extra de 2012. Que por certo, din que pagarán este ano pero que non aclaran cando aínda que sospeitamos que será pouco antes das eleccións autonómicas.
Fálase:
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/27913-feijoo-di-funcionarios-recibiron-50-dineiro-se-lles-debe
http://www.farodevigo.es/galicia/2016/02/12/administracion-gallega-obligada-vez-devolver/1403069.html
http://www.farodevigo.es/galicia/2016/02/11/sentencia-obliga-xunta-devolver-funcionario/1402750.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/nueva-sentencia-obliga-xunta-devolver-integras-pagas-extra-2013/idEdicion-2016-02-11/idNoticia-979579/

Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario