O Vicepresidente da Xunta, comeza o proceso de facer as maletas ante a perspectiva de perder a Xunta e no concurso de secretarios de Administración Local do 2015, do que xa hai adxudicación provisional, concursa para o Concello de Marín.
Mentres os empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza, perseoal funcionario de Administración Xeral, especial, escalas e persoal laboral tardamos anos en ver convocados e resoltos os nosos concursos (o último é o concurso de Administración Xeral que está paralizado), el como o heroe mítico Aquiles “o dos pes lixeiros”, fuxe da Xunta....?

A alcaldesa de Marín, antiga compañeira de estudos, e man dereita súa no proceso de facerse co PP provincial, ven de propoñer unha suba do complemento específico dos empregados/as públicos/as do Concello de Marín de 100.000 € en total. Esperemos que se destine aos funcionarios e laborais, comezando polos grupos e categorías máis baixas e non para homologar o soldo do novo secretario do concello co de vicepresidente da Xunta para seguir cobrando igual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario