O 2015 foi outro ano máis con malos datos de sinistralidade laboral no noso país e tamén na Xunta de Galiza, onde subiron un 10% o número de accidentes laborais, pasando de 458 a 506 accidentes de traballo con baixa laboral cunha media de 22 días de duración. A estas cifras hai que sumar 413 accidentes laborais rexistrados sen baixa.
Igual que no país, desde 2010 levamos un aumento contínuo do número de accidentes laborais, o que ten que ver cos recortes, a diminución do reforzo do persoal e a sobrecarga de traballo. Se ben a maioría veñen catalogados pola mútua como accidentes leves, o ano pasado houbo un falecemento, un accidente moi grave e 7 graves. Destacan as consellarías de Política Social e Medio Rural pola alta taxa de accidentabilidade.
Os accidentes tipo son motivados por sobresforzos, caídas, golpes, agresións e tamén accidentes de tráfico; os in intinere mantéñense ou decrecen lixeiramente. Punto e a parte merece destacar as difultades que pon á Mutua de xeito xeral para a declaración de accidente laboral e en particular aos in itinere (ver páxina 2 deste Boletín).
Documentación relacionada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario