mércores, 2 de marzo de 2016

Educación non mandará á rúa persoal funcionario, de momento

Na última xuntanza do 1 de marzo ao respecto da RPT de Educación non houbo moitos avances se ben se botaron para atrás na amortización de 8 postos ocupados por persoal interino; queda feo o de botar a rúa persoal cando se está en plena "recuperación económica"

En todo caso, só dúas delas teñen intención de conservalas definitivamente (CEPI de Catoira e IES Xesús Taboada Chivite -amortizan outro posto por xubilación-) porque as outras seis prentenden levalas por diante na seguinte modificación da RPT, e por suposto xa non sacalas a concurso, se as ratios de alumnos/as seguen igual.

Tamén hai un lixeiro cambio no de dotar de persoal subalterno/administrativo os centros de ensinanza de infantil e primaria só con traslados dos institutos de ensinanza secundaria máis próximos. Agora din que van crear 2 prazas novas: unha de auxiliar no CEIP Castrillón de Coiro (Cangas) e outra no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, que inicialmente ía cubrirse trasladando o posto dende o IES Escolas Proval.

Polo demais só admiten os cambios voluntarios dentro da mesma localidade, como por exemplo que a persoa que ocupe o posto de auxiliar administrativo do IES R.O do Uruguai de Vigo pase para o CEIP García Barbón, en vez de para o de Frián-Teis.

Non admiten:
  • Un plan plurianual para a creación de postos de Administración Xeral en todos os centros docentes e tampouco admiten que sexan todas de nova creación en vez de realizar traslados.
  • Non queren revisar as ratios de persoal subalterno/auxiliar por alumno/as nin considerar outros criterios para a dotación de persoal dos centros que non sexa a de alumno/a matriculado/as.
  • Abrir os postos de auxiliar C2 tamén a administrativo C1, favorencendo a promoción interna do persoal sen cambiar de localidade.
  • Non queren abordar a cuestión das funcións e que a problemática dos centros excede dunha simple RPT. 
En definitiva que a pesares de haber algún avance positivo, Educación segue enquistada no inmobilismo.

Novas relacionadas:

1 comentario:

  1. Pero non iban ir a rua os profes de relixion???, esa era a primeria proposta, xa me extrañaba a min que con este gobernó si aposte por unha escola igualitaria e laica, en fin, a seguir a votar funcionarios a rua, despois de recortalos....

    ResponderEliminar