No DOG do 22 de abril publícase a ampliación da subvención aos medios de comunicación privados galegos ata chegar aos 1.675.000 €. É posible así agardar obxectividade e independencia nas novas que falan da Xunta?
Estas subvencións non teñen unha finalidade pública específica, senón simplemente soster os gastos de empresas de comunicación privada polo simple feito de existir, en función do alcance de lectores, oíntes ou visitas ás súas páxinas web, tal e como figura nas bases da convocatoria publicada no DOG do 19 de xaneiro.
Na convocatoria incial destas subvencións de concorrencia non competitiva destinouse un orzamento inicial de 1.135.000 € que coa resolución actual vén ampliarse en 540.000 € ata un total de 1.675.000 €, algo que xa contemplaba a convocatoria inicial. Esta estrataxema xa foi aplicada en idénticas cantidades nas subvencións do ano pasado, a ver se así pasa máis desapercibido.
Mínimo un 8% de galego
Pero o que chama a atención destas axudas é o pouco nivel de esixencia do Goberno galego. Entre os poucos requisitos a nivel informativo que se piden é que os xornais ou radios utilicen como mínimo un 8% de galego nas súas informacións.
E como deben acreditalo? Pois con varios documentos que se repiten ano tras ano sen que, ningún dos medios “aumente” o uso do galego. Entre estes informes comúns que teñen que presentar está unha declaración responsable indicando a porcentaxe do emprego da lingua galega nas publicacións, informacións ou emisións do ano natural anterior ao da convocatoria e compromiso futuro expreso de que vai manter ou incrementar esta durante o ano da correspondente convocatoria.
Tamén outra declaración responsable que indique a porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións orientadas á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura no ano natural anterior ao da convocatoria.
Estas axudas contrastan coas publicadas tamén no DOG 20 de xaneiro (e ampliadas tamén no DOG do 22 de abril) destinadas ás publicacións feitas integramente en galego e que si teñen unha finalidade específica consonte ás bases: "a expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística". Eran e seguen sendo máis de 8 veces inferiores en contía ás anteriores (201.341,00 €)

Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario