mércores, 27 de abril de 2016

Función Pública esquécese do Concurso de corpos xerais (aseguran que está tramitándose)

Por non falar do concurso de persoal laboral, o de corpos especiais ou o tantas veces prometido concurso permanente.

Pasaron máis de tres semanas dende que rematou o prazo para facer alegacións ás puntuacións provisionais do concurso e a Xunta de Galiza aínda non convocou a comisión que as resolverá.

Parece que o goberno de Feijoo está a xogar novamente coa vida do persoal funcionario en función dos tempos electorais que manexa o Partido Popular sen importarlle que, polos seus intereses, se poida ver atrasado un concurso do que están pendentes os traslados, reunificacións familiares e/ou carreira profesional de 2.809 persoas.

Dende a CIG esixímoslle a Función Pública que deixe de cumprirlle os caprichos electorais ao PP e comece a actuar con profesionalidade e eficiencia e proceda a convocar, con carácter inmediato, a Comisión de valoración do concurso de méritos co fin de resolver as reclamacións das persoas aspirantes e así  resolver definitivamente do Concurso de traslados de corpos xerais antes do verán deste ano.

Na Comisión de Persoal  do  27 de abril, o representante da Dirección Xeral da Función Pública informa que seguen cos trámites previstos e que se están preparando as diferentes reclamacións para que proximamente a Comisión as revise; non da un prazo concreto. O 20 de maio cúmprese un ano desde a convocatoria deste concurso.

Novas relacionadas:


1 comentario:

  1. Vai para un ano dende que se convocou, ala por o 209/05/15, e dende a propia Función Pública dixeron que se resolvería nun prazo de sete meses, que por fin do 2015 estaría resolto, a día de hoxe 4/5/16 ainda non temos o listado definitivo de puntuacións, lamentable, para un concurso totalmente informatizado, faremos un cabodano por o espíritu deste concurso xeral que parece que esta morto, como casi todo en mans dos irresponsables da Función Publica Galega.

    ResponderEliminar