No DOG do 20 de abril publicase a Orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2016/17.
De novo, volven a pasarse polo arco do triunfo as recomendacións da Valedora do Pobo con relación a garantir e posibilitar a conciliación e non a entorpecela. Foron varias as nais e pais que recurriron á Valedora queixándose polos horarios e os peches forzosos desta orde que obrigan a facer equilibrios na vida familiar e laboral e a Valedora deulles a razón: considera imprescindible que se manteña aberto un centro por localidade sen esixir un número mínimo de nenas e nenos e sen necesidade de xustificar documentalmente a necesidade de levar as crianzas á escola infantil nos periodos "teóricos" de vacacións. Descargar recomendacións Valedora do Pobo

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; o prazo remata o 5 de maio.
Esta convocatoira está destinada só para o persoal da Xunta que traballe nos servizos centrais e nas xefaturas territorias de Pontevedra e Vigo. Para a conciliación da vida familiar e laboral deste persoal, a Xunta reserva unha serie de prazas na escola infantil de Vite de Santiago de Compostela, na escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra e na escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo, respectivamente.
Hai que criticar tamén que a maioría de persoal da Xunta non poden acceder a un beneficio semellante por non haber nin escola infantil no seu edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas ao seu centro de traballo. Iso por non falar da cidadanía en xeral que, cos recortes operados nos servizos públicos e nos salarios, atopase hoxe con maiores dificultades de poder conciliar a vida familiar e laboral. En calquera caso, deberían apostar por potenciar a rede pública de escolas infantís con máis persoal e novas infraestruturas e ir diminuindo os concertos coas entidades privadas. Por último, máis importante aínda resulta implementar medidas normativas de conciliación da vida familiar e laboral.
Un dos aspectos máis críticos desta orde é a falta de adecuación á conciliación da vida familiar e laboral cos peches programados nas teóricas vacacións de verán, nadal e semana santa. Pásanse polo forro as continuas recomendacións da Valedora do Pobo no que se di que nin ten porque haber un mínimo de 15 nenos e nenas para abrir unha soa escola nesas teóricas vacacións nin debería ser necesario xustificalo documentalmente. Na actualidade, no caso de abrir nesas datas, cando teñen ese mínimo con xustificación documental, mesmo adiantan o peche ás 17.00h facendo igualmente complexa a conciliación. Por suposto, tampouco devolven os cartos polos servizos non prestados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario