Funcionarios corruptos?.... corruptos si, funcionarios non.
Depois de 8 anos parece que ao fin vai ter lugar o xuízo polo Caso Retablo. Este caso investiga a funcionarios, curas e empresas de rehabilitación por defraudar diñeiro público e adxudicar a restauración de templos a empresas amigas. Foi coñecido pola mítica frase dun dos imputados (agora chamado investigado) que dixo aquelo de "Os voy a repartir Galicia y dar una herencia de puta madre"
A actitude na Xunta neste caso foi como se o tema non fose con ela e de novo esteamos ante un "caso aillado", non ante un problem sistémico, tan aíllado como Caso Aznet e o colega Pachi Lucas, os papeis de Marcial Dorado, os contratos con EULEN ou a Operación Rinlo, por exemplo.
Aquí tedes un resumo de que foi a historia. Porén, agora que ao fin parece que imos ter data de xuízo, esto merece dúas reflexións: 1) o lenta que vai a Xustiza (falta de medios, entre outras), a falta de independencia en moitos casos, a sensación de impunidade, á falta de protección á persoa denunciante, etc. e 2) o que xa reflexionábamos pola parte que nos toca como traballadoras e traballadores públicos a finais de 2014: "(presuntos) corruptos si, funcionarios non"
Estas son historias que desde logo non abren portadas porque xa sabedes que "na Xunta todo funciona de marabilla".... ata as oposicións.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario