xoves, 19 de maio de 2016

Listaxe provisional de admisión na escola infantil de Vite para fillas e fillos do persoal dos SSCC da Xunta

O pasado mércores 18 de maio de 2016 reuniuse a comisión de avaliación das solicitudes recibidas para a Escola Infantil de Vite, de conformidade coa Resolución do 12 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís para o curso 2016/17 (DOG 20/04/2016).

Tal e como establece o artigo 9 da dita resolución, a Xunta de Persoal estivo representada nesta comisión.


No grupo de idade 0-1 houbo unha solicitude e resérvanse sete prazas para os cativos e cativas que poidan nacer dende a data de peche das solicitudes ata o 31 de decembro deste ano.

No grupo de idade 1-2 houbo seis solicitudes e resérvanse tres prazas para posibles novas solicitudes ao longo deste ano.

No grupo de idade 2-3 houbo sete solicitudes e resérvanse tres prazas para posibles novas solicitudes ao longo deste ano.

Debemos destacar que este ano non se deu a posibilidade de inscribir aos cativos e cativas na Escola Infantil de Santa Susana debido ás obras de reforma que se desenvolverán durante o próximo curso escolar

As listaxes provisionais de nenas e nenos admitidos pódese consultar na seguinte ligazón.

Aquí tedes os números do ano pasado sobre os que hai unha importante redución.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario