luns, 9 de maio de 2016

Resumo da xuntanza de pluses do convenio colectivo do persoal laboral

A semana pasada tivo lugar unha xuntanza para incorporar varios pluses salariais a varios postos de persoal laboral consonte ao convenio colectivo. Os órganos afectados eran o AGADIC e os órganos superiores da Presidencia.

AGADIC

Singularidade por responsabilidade (art. 26.3.b do V Convenio Colectivo)

No plus por condución ocasional a CIG pide que se lle aplique a todo aquel persoal que realiza ocasionalmente tarefas condución e non a un único traballador/a, xa que iso sería discriminatorio.

O plus ao Rexedor/a de escena motívano en que fai traballos que non se corresponden coa súa categoría, senón con unha categoría superior. Vista a dita motivación, a CIG solicita que se cre a categoría que correspondería e se cubra polos métodos regulamentarios, e non que se lle de un sobresoldo a un/unha traballador/a por facer funcións que non lle corresponden.
Dispoñibilidade horaria (art. 26.4 do V Convenio Colectivo)

Xustifican a temporalidade de 11 meses por que un mes están de vacacións e pecha o AGADIC, polo que se lles vai a pagar só 11 meses.

Auxiliar de produción.- A CIG pregunta por qué a este código e non a outro persoal auxiliar de produción que están no cadro de persoal. Non contestan.

No tema da temporalidade manifesta a CIG indignación pola xustificación feita e esiximos que o salario sexa o mesmo durante o período de vacacións como nos demáis períodos, xa que non existe ningún plus no convenio que se deixe de cobran nas vacacións.


A maiores, fóra do tema da reunión, comunican a suba do complemento específico de dous postos de persoal subalterno (fundionario) que fan tarefas habituais de condución de acordo co habitual.


PRESIDENCIA DA XUNTA

Aplicación dun plus que xa se están a cobrar por sentenza xudicial e agora pasan a incluílos en RPT (Complexo Deportivo de Monterrei).

A CIG manifestamos que estamos de acordo que se inclúa e solicitamos que se faga extensible a outros tres traballadores/as na mesma categoría que non os están a cobrar, xa que é inxusto que sendo do mesmo grupo e categoría e facendo as mesmas funcións teñan salarios diferentes.

Manifestamos tamén que non entendemos como pode ser que unhas consellerías estean a pagar os pluses gañados por sentenza e os incorporen en RPT e outras non o queiran facer. Esiximos a Función Pública que inste a todas as consellerías a cumprir as sentenzas e incluir en rpt todos os pluses gañados por sentenza.
Inclusión complemento de singularidade de especial dedicación (B14) a un peón/oa especializado/a no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, xa que pasa a realizar quenda de tarde.

É unha vacante pura, polo que estamos de acordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario