O mércores 22 de xuño de 2016 publicouse no BOE a Convocatoria das oposicións da OPE 2016 na Administración Xeral do Estado. Estamos ante unha das convocatorias con maior número de postos de persoal informático na AGE.
Isto é o normal ante implantación da administración electrónica: Incorporación de persoal informático propio. Examinando os tres últimos anos, podemos comprobar que AGE convocou un total de 390 postos de persoal do grupo C1 e un total de 356 do grupo A2.
2014 | 2015 | 2016 | TOTAL | |
Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática da Administración do Estado – C1 |
50(PI) | 92+43(PI)=135 | 150+55(PI)=205 | 390 |
Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado – A2 | 24+25(PI)=49 | 80+36(PI)= 116 | 130+61(PI)=191 | 356 |
Agora examinemos a situación do persoal informático na Xunta de Galiza. A última convocatoria de persoal informático do grupo A2 foi no 2011 cun total de 7 postos ofertados. No caso do persoal informático do grupo C1, a última convocatoria foi no 2008 cun total de 36 postos. A xunta leva 8 anos sen convocar postos do grupo C1 de informática.
Será que na Xunta de Galiza non se implantou a administración electrónica?
Non. O que pasa é que no ano 2011, o amigo Feijoo creou un monstro chamado AMTEGA, no que meteu todo o que tiña que ver coa informática na Xunta. A través de esta axencia opaca dedicáronse a externalizar o traballo que viña a facer o persoal informático propio da Xunta. A AMTEGA, onde persoal propio é a excepción.
Mentres os traballadores das contratas externas reciben soldos nin mileuristas... é incluso algúns están con becas FEUGA...
Desde a CIG esiximos a Xunta de Galiza que nos indique o total de persoal externo que está a traballar para AMTEGA. E que na OPE do 2017 se oferten eses postos.

Apuntes que nos achega un compañeiro:
ResponderEliminarE aínda é mais, moitos compañeiros están a desenvolver funcións e tarefas distintas as da convocatoria das oposicións.
E aínda é máis, compañeiros de distintos grupos están a desenvolver o mismo tipos de tarefas, como por exemplo persoal dos grupos B e C fan xestión de proxectos.
E aínda é máis, a AMTEGA saca concursos de nos que solicita persoal con determinadas certificacións e non se preocupa de formar o persoal propio. E incluso a CNTG ten restrinxido o acceso á formación do persoal da AAPP.
E aínda é máis, as contratacións perpetúanse con determinadas empresas porque non permite que persoal propio adquira esas competencias e responsabilidades, por exemplo o CXR o CSI.
E aínda é máis, creánse as chamadas 'Oficinas Técnicas' sin persoal propio perpetuando ese tipo de contratacións.