No DOG 16 de xuño publícase a convocatoria de cursos gratuítos de lingua
galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua
galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. No Anexo II da convocatoria tedes as diferentes datas, lugares e horarios nos que se impartiran os cursos.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria. Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día e como máximo de dúas horas e media.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario