martes, 28 de xuño de 2016

Máis de 400 comisións de servizo entre o persoal funcionario da Xunta entre abril e maio de 2016

É o que ten andar cos concursos a contagotas, que se queres mobilidade ou progresión profesinal só che quedan as comisións de servizo: 411 en persoal funcionario e as que haberá en persoal laboral, adscricións temporais, das qe non dan datos informatizados pero a bo seguro que sumarían un bo lote tendo en conta que leva sen concurso desde 2011. A diferenza, xa sabedes, é que o persoal laboral ten uns mínimos criterios obxectivos de concesión, antigüidade e pertenza ao centro, e o persoal funcionario rexe a discrecionalidade.

En total, entre os meses de abril e maio tivemos 150 novas resolucións de comisións de servizo, 250 renovacións e 11 adscricións provisionais. En total 411 resolucións de cobertura temporal "extraordinaria", subindo 61 con relación ao período bimensual anterior de febreiro-marzo. Por niveis, temos o seguinte desglose:



Nível 18
Nível 25
Nível 28
Subdirección
TOTAL*
Novas Comisións
35
40
17
1
150
Prórrogas
70
70
18
2
250
Adscricións
-
3
5
1
11

* Inclúe as de todos os níveis.


O maior grupo de comisións están no nivel 25 pero chama tamén a atención o alto número entre niveis por libre designación, pendentes  dese "concurso específico" que non da chegado. Desta volta se reducen as comisións para os postos nivel 30 e aquí non hai concurso específico.

Por suposto, temos de novo incumprimento no tempo máximo de cobertura de 2 anos, sen nova convocatoria da comisión, á espera da resolución do concurso xeral; tamén hai casos de renovacións que empezan a pasar de 2 anos ou algunhas que pasan ben de lonxe (maioritariamente corpos especiais e/ou postos de habilitacións). Destacan ata 7 postos de nivel 28 que se renovan superado o límite máximo de 1 ano para as libres designacións.

Estes datos xustifican, outra volta, a necesidade da posta en marcha do concurso permanente.

Descargar datos

Novar relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario