Colgou a Dirección Xeral de Función Pública unha nota informativa con relación á vindeira entrada en funcionamento da xornada de verán regulamentada na Orde do 20 de decembro de 2013. Sen novidade respecto das condicións de 2015.
Supoñemos que en breve publicaráno tamén nos medios de comunicación. Moitas mentes privilexiadas mirarannos (para non variar) como un colectivo privilexiado, obviando a existencia dun réxime horario diferenciado en verán tamén na empresa privada, obviando que a conciliación da vida familiar, persoal e laboral é algo que só toman en serio de xeito xeral nos países do norte porque se demostra que a productividade é maior, e obviando que a envexa e a degradación dos dereitos das outras persoas non é o camiño para defender os propios, e senón, que llo digan á clase traballadora francesa.

O puteo vén porque, outro ano máis, deixan fóra, sen ningún tipo de compensación, ao persoal que traballa a quendas, dobremente puteado xa co tema das "X" e dos días 24 e 31 de decembro. Porén, este ano, ademais trae un novo puteo, ao pasarse polo forro a petición de incorporar as melloras con relación ao persoal de Estado, que lle amplian o horario de verán ás persoas con crianzas de menos de 12 anos (Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado deAdministracións Públicas). O único que fixeron foi permitir flexibilizar o venres pola tarde e iso que en principio non querían, que dicían que a conciliación estaba en mandarnos para casa antes das 6 da tarde. Pois non, a conciliación está en facer o traballo, en primeiro lugar, pero de xeito flexible, como a cada quen lle veña mellor na súa vida familiar e persoal.
Novo agravio comparativo con relación ao persoal da Administración Xeral do Estado, que lle devolven antes os dereitos, que lle recortaron menos, que ten pagas extras con complementos específicos, concursos de traslados anuais, promoción interna real, etc.

Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario