xoves, 21 de xullo de 2016

Comisión de Persoal do 19 de xullo: mix de RPTs e recoñecemento do tempo do servizo militar a efectos de trienios

O martes 19 de xullo reuniuse a Comisión de Persoal para aprobar varios asuntos: RPT de Infraestruturas e Vivenda, RPT de Política Social, creación e Estatutos do Instituto Galego de Consumo e Competencia (IGCC),  e recoñecemento do servizo militar a efectos de trienios para persoal laboral e RPT de Economía, Emprego e Industria.

RPT de Infraestruturas e Vivenda

A CIG recoñece o talante negociador da consellería, pero mantemos a nosa disconformidade coa amortización de 8 postos de traballo (7 postos base de persoal funcionario e 1 de limpador). Rexeitamos tamén a cobertura de postos mediante Concurso Específico.

CIG, CCOO e UGT votamos en contra. CSIF abstívose.


RPT de Política Social


A través da negociación chegamos a avances, aínda que non os suficientes para que cambiemos o sentido do noso voto, pero que alomenos as reunións foron construtivas nalgúns aspectos.

  • Mantemos a nosa demanda de que se aumente a xornada a todos os traballadores das residencias de Panxón e O Carballiño. 
  • Insistimos na necesidade de converter o auxiliar coidador do C.M. A Carballeira en Educador/a.
  • Non crean as prazas de medicos/as nos novos equipos de valoración da discapacidade do Ferrol e Santiago coa pretensión de establecer unha experiencia piloto co SERGAS para que sexa o persoal médico estatutario o que emita o informe da discapacidade física. 
  • Suprimen catro postos de educadores/as do centro de menores Avelino Montero de Pontevedra coa escusa do descenso da ratio, circunstancial, xa que nestes intres baixou o número de menores con medidas.

  • Non ao concurso específico.
  • Non apertura de postos sen reciprocidade.

CIG, CCOO e UGT votamos en contra. CSIF abstívose.


Creación e Estatutos do Instituto Galego de Consumo e Competencia (IGCC)

O Secretario Xeral da consellería comprometérase a entregar a documentación necesaria reclamada pola CIG na Mesa Xeral. O Secretario Xeral incumpriu a súa palabra, pois non nos remitiron nada.

A CIG vota en contra. CCOO e CSIF abstivéronse. UGT votou a favor.

Recoñecemento do servizo militar a efectos de trienios para persoal laboral

A CIG presentara conflito colectivo pola negativa de aplicar este recoñecemento que xa estaba pactado no V Convenio. Gañámolo, e apoiamos este acordo por ser positivo para o persoal laboral.

Reclamamos a súa extensión tamén ao persoal funcionario, pois coa actual lexislación a estes só se lles recoñece o tempo de servizo militar se o realizaron sendo xa empregado público, non computándose o tempo de servizo anterior á condición de funcionario. O director xeral de Función Pública fai a observación de que esa extensión non é posíbel coa actual lexislación, existindo implicacións en normas básicas do estado.

CIG, CCOO, CSIF e UGT votan a favor.

 
RPT de Economía, Emprego e Industria

Crean dous postos, abertos a outras administración. A CIG non pode apoiar esto sen existir un acordo de reciprocidade.

CIG, CCOO, CSIF e UGT votamos en contra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario