Continuando coa saga de macroacordos, agora vén o seguinte: non perder a opción de vacante nas listas de substitución no caso de parto, adoptción ou acollemento. Algo que parece de lóxica, polo menos desde a entrada en vigor das leis de igualdade, non o era, e se aproveita agora para acordalo. Ademais, parece ser que a partir de agora, todos estes acordos da Comisión de Listas van, como tamén resultar de lóxica, ser publicados na páxina web de Función Pública.
Na pasada reunión do 21 de xuño, a Administración presentounos a proposta de texto definitivo, que se aprobou por unanimidade. Pese a que este acordo non cumpre exactamente coa proposta da CIG, que era a de que se permitira ás persoas que se atopen nesta situación no momento de ofertárselles una vacante, poder collela e posteriormente seguir coa baixa ou permiso, dende a CIG entendemos que mellora considerablemente a situación que había ata agora.
A redacción do acordo quedaría do seguinte xeito:
As persoas integrantes das listas que estean a desempeñar un posto non vacante e se atopen disfrutando dun permiso por parto, adopción ou acollemento e lles sexa ofertado un posto vacante como mellora, se non comparecen á citación non lles será consumida a opción de mellora.
As persoas interesadas deberán presentar, segundo o caso, a seguinte documentación xustificativa: a mesma que se esixe no anexo II da Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº44, do 4 de marzo), para o permiso de parto e para o permiso por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple.
En concreto:

- Suposto de parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nacemento.
- Adopción ou acollida preadoptiva, permanente ou simple: resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida, na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción ou da acollida.
Esta acordo amplía o adoptado con anterioridade na comisión do 13 de marzo de 2007, acta número 4, no que se acordaba incluír entre os casos nos que se apreciará a forza maior para os efectos de que non sexa de aplicación o artigo 15 do decreto 37/2006, os seguintes supostos:
CITACIÓNS POR MELLORA DE POSTO.
Será necesario presentar a seguinte documentación: parte de baixa ou certificado de ingreso hospitalario.
Efectos da reclamación en tempo e forma: estimaranse as reclamación que cumpran os requisitos sinalados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario