A CIG interpuxo no seu día un Conflito Colectivo para o recoñecemento do Servizo militar para o computo dos trienios do persoal laboral do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia, en aplicación do artigo 26.1 do V Convenio: "Para o cómputo de trienios [..] teranse en conta os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente".
O persoal letrado da Administración contactaron cos servizos xurídicos da CIG para pospoñer o xuízo de cara a unha negociación. O xuízo foise aprazando ata lograr un acordo favorable as nosas pretensións e a aquelo que as sentenzas viñan recoñecendo.
Con este acordo a CIG comprométese a desistir do Conflito Colectivo presentado no seu día.

- Recoñecer os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o computo de trienios.
- Terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente por sentenza definitiva e firme.
- As novas solicitudes resolveránse aplicando a criterio da literalidad da norma.
Dende a CIG esiximos tamén que este acordo se faga extensivo ao persoal funcionario que non o teña recoñecido, xa que entendemos que os dereitos deben ser iguais para todos os empregados público.
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario