Xa informado en maio no Consello da Xunta publícase hoxe no DOG do 7 de xullo as festas no noso país para incluír no calendario laboral oficial do 2017. A novidade para o ano será que se volverá incluir como festivo propio o 17 de maio (Día das Letras galegas), desta volta en sustitución do 1 de xaneiro que caerá en domingo. Pola contra, o San Xoán (24 de xuño) o vindeiro ano non será festivo autonómico.
A estas festas, haberá que engadir tamén dúas festas locais, retribuídas e non recuperables, que soen publicarse ao redor do mes de outubro/novembro nos boletíns oficiais da provincia e así mesmo no Diario Oficial de Galicia.
A maiores, cómpre destacar que o persoal da Xunta, en virtude das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas, no 2017 teremos dous días adicionais de asuntos particulares, ao caer o 24 e 31 de decembro en domingo.
Estes serán os festivos en Galiza no 2017:
- 6 de xaneiro: Día de Reis
- 13 de abril: Xoves Santo
- 14 de abril: Venres Santo
- 1 de maio: Festa do Traballo
- 17 de maio: Día das Letras Galegas
- 25 de xullo: Día Nacional de Galicia
- 15 de agosto: A Asunción
- 12 de outubro: Día da Hispanidade
- 1 de novembro: Todos os Santos
- 6 de decembro: Día da Constitución
- 8 de decembro: A Inmaculada
- 25 de decembro: Nadal
Novas relacionadas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario