No DOG do 3 de agosto de 2016 publicase a Oferta de Emprego Público da Universidade da Coruña para este ano 2016; si, a verdade é que non apuraron moito. Son un total de 228 prazas. O caso é que se mirades a distribución de prazas atoparedes que desas 228, a práctica totalidade (224) son para a quenda de promoción interna.
Comparade co que temos na Xunta con ese mínimo ridículo do 25% en caso de persoal funcionario, co tivemos na Xunta estes últimos anos, onde por primeira vez sacan algo de persoal laboral (aínda que non de grupos superiores), onde sempre primaron o acceso libre (mesmo en época de vacas fracas) pois dá máis portadas nos xornais e causa máis interese público; onde aínda están desenvolvendo no 2016 as convocatorias de prazas que foron ofertadas no 2009.
A ver, que igual a oferta esta da Universidade da Coruña tiña que estar máis equilibrada pero cando menos demostra unha intención de permitir que as súas empregadas e empregados públicos poidan facer real o seu dereito á promoción profesional. Que se non hai cartos para ofertar novas prazas, polo menos non cortes tamén a billa da promoción interna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario