No DOG do luns 19 de setembro publicouse o novo Decreto 124/2016 que vén modificar o Decreto 37/2006 e que regula o procedemento para a provisión con carácter temporal de postos reservados tanto ao persoal funcionario (agás escalas sanitarias) como ao persoal laboral.
As negociacións tiveron un moi longo percorrido e demasiados atrancos, tendo en conta que era urxente a adaptación do decreto á realidade da administración e que o anterior decreto, aínda que contaba con moitas cousas positivas, estaba xa obsoleto. Na CIG opinamos que aínda que tardou en asinarse é algo positivo que cremos que mellorará considerablemente a xestión das listas de contratación.
A pesares de que a proposta da CIG era bastante máis ambiciosa que o que ao final resume o decreto, valoramos que había determinados puntos que aconsellaban non esperar máis para ser modificados porque estaban a causar moitos problemas, tanto para as persoas apuntadas nas listas como para a propia administración. Cabe destacar puntos como a suspensión de chamamentos automática ou a non penalización tras renuncia despois de seis meses a un posto de xornada igual ou inferior á metade da xornada ordinaria.
Aínda así, quedaron moitas propostas da CIG para unha negociación posterior que agardamos sexa no menor tempo posible. Outras propostas nosas como a voluntariedade de ser chamado/a para as brigadas helitransportadas do SPDCIF ou a posibilidade de que nos permisos de maternidade non se perda a opción de mellora, aínda que non foron recollidas no texto do decreto hai un compromiso por parte da Administración de que se podan desenvolver e acordar no ámbito da Comisión Central de listas de contratación. Tamén, a petición da CIG, os acordos de dita Comisión serán publicados na web de Función Pública.
NOVAS DO DECRETO 124/2016 EN COMPARACIÓN CO DECRETO 37/2006:
1. Suprímense as comisións permanentes provinciais (xa non estaban operativas)
2. Permite a renuncia sen penalización a un posto:
- Cando a discapacidade impide ou limita substancialmente o desempeño das funcións do posto.
- Cando o posto ten xornada igual ou inferior a metade da xornada ordinaria unha vez transcorridos 6 meses dende a data de inicio do contrato.
- Cando o posto é fixo-discontinuo e ten un período de actividade igual ou inferior a 6 meses
Nos dous últimos caso será preciso presentar un aviso previo de renuncia con 20 días naturais de antelación a data da renuncia
3. A modificación de ámbitos e datos persoais (excepto o teléfono) debe facerse sempre telemáticamente
4. A suspensión de chamamentos debe facerse telemáticamente e terá efecto ao día seguinte da súa presentación
5. Será necesario pedir a reincorporación para volver as listas despois de haber pedido unha suspensión. Esta petición terá efecto aos 30 días
6. As persoas penalizadas que desexen volver as listas poderán solicitar telemáticamente a reincorporación. A solicitude terá efecto:

- transcorrido 1 ano da data de penalización si se fai durante o período de penalización
- ao día seguinte da presentación si se fai unha vez rematada a penalización.
7. Será obrigatorio para poder presentar solicitudes a comunicación dun teléfono móbil
ENTRA EN VIGOR O DÍA 21/09/2016 EXCEPTO OS ARTIGOS 7( modificacion de ambitos) E 15.2 ( suspension de chamamentos
7. Será obrigatorio para poder presentar solicitudes a comunicación dun teléfono móbil
ENTRA EN VIGOR O DÍA 21/09/2016 EXCEPTO OS ARTIGOS 7( modificacion de ambitos) E 15.2 ( suspension de chamamentos
Ningún comentario:
Publicar un comentario