mércores, 21 de setembro de 2016

Tras 3 anos, entra en vigor a flexibilidade horaria os venres pola tarde

Ao fin, entrou en vigor a modificación da regulamentación da flexibilidade horaria que permite traballar os venres pola tarde para aqueles postos compatibles. Curiosamente, a modificación da orde publicouse no DOG un venres, 16 de setembro pero non entrou en vigor até o sábado; resultado: o venres, 23 é cando realmente entrará en funcionamento.

Casi 3 anos despois da implantación da flexibilidade horaria na Xunta, por fin é posible traballar (e que conte oficialmente) os venres pola tarde como o resto de tardes de luns a xoves; é dicir, ata as 18.30, en todo caso, ou 20.00h, se o centro permanece aberto.

Recordamos que esta orde pasou pola mesa xeral o día 30/05/2016, e pola comisión de persoal o 1/6/2016. É dicir, dende que pasou o último trámite de negociación cos sindicatos, pasaron tres meses e medio ata a súa publicación no DOG. Por outra banda, foi o único que se abriron a tocar da orde de todo o que lle pedíamos e iso porque estábamos en precampaña eleitoral.

Novas relacionadas:





Ningún comentario:

Publicar un comentario