mércores, 30 de novembro de 2016

Volven as Mesas Xerais: retribucións 2017 e oposicións

O xoves 1 de decembro está convocada a Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as onde se van tratar: as bases dos procesos selectivos para ingreso nas escalas superior de finanzas (A1), técnica de finanzas (A2) e axentes de gardacostas (C1); tamén se vai discutir o anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo I do proxecto de lei de orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2017.

Respecto os orzamentos do 2017, dicir que nestes momentos descoñecemos a proposta da Administración, pois xunto á convocatoria da Mesa Xeral non achegaron ningún documento. Esto é todo un síntoma do nulo interese por negociar e chegar a un acordo. Só temos declaracións na prensa de cargos políticos falando de que se suba do 1%, que se recuperaremos o complemento específico nas extras en 2017...

Dos tres procesos selectivos, o que lles corre máis presa é o da escala superior de finanzas pois corresponde á OEP 2013 e caducaría a oferta (ou eso din). Teñen a intención de publicar a convocatoria, conxuntamente coa escala técnica de finanzas e axentes de gardacostas no mes de decembro. Descargar últimos borradores

En Finanzas non mudaron nada respecto dos borradores anteriores (4/11/2016). O único que podemos dicir é que na xuntanza previa á Mesa Xeral (29/11/2016), tan só se comprometeron a estudar: a redución do temario para promoción interna, ampliar o tempo para o primeiro exercicio, forzar a que o tribunal teña que publicar a nota de corte antes de realizarse os exercicios. Nada de cambiar o tipo de probas, nin substituir temas por normas de dereito positivo, nin ... nada.

Para axentes gardacostas-C1 (OEP 2015) tampouco haberá marxe de negociación. O texto que aportan para a Mesa Xeral si contén algún cambio respecto do borrador previo (22/7/2016). Limítanse a: clarificar as bases I.2.1.2 e I.2.2.3 en canto ás titulacións, intercambiar a orde do 5º e 6º exercicio e ampliar o tempo que terán as mulleres para as probas físicas.

Na xuntanza previa falaron dos procesos selectivos de persoal veterinario e ordenanzas (con discapacidade intelectual):

Persoal veterinario: está a circular a información de que hai intención por parte da Administración de adiar este proceso selectivo. Dende a Subdirección de provisión de postos e selección de persoal negan a información.

Ordenanzas: existen persoas que teñen recoñecida a discapacidade intelectual provisionalmente; como as bases falan de que a dsicapacidade hai que tela recoñecida o último día de presentación de instancias e mantela ata o nomeamento como empregado/a público/a, hai risco de que unha persoa con minusvalía provisional non teña a renovación e non cumpra as condicións finalmente. Co fin de que estas persoas que non teñen garantías de manter a discapacidade saiba a que aterse, solicitamos que se fixe un calendario do proceso e se cumpra. Non obtemos resposta satisfactoria, limitándose a Administración a manifestar que por xaneiro publicarían a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas; o primeiro exercicio podería ser antes do verán, pero tratándose dun concurso-oposición, probábelmente poríamonos a finais do 2017 para rematar.

De corpos xerais, a cámara lenta, non achegan novas e só dispoñemos da información pública da propia páxina web de Función  Pública. Pouco a pouco van saíndo notas de exames, novas ampliacións de prazo ou a publicación de datas de novos exercicios. Insitimos en que cumpran os prazos e que poñan os medios necesario para facelo.

1 comentario:

  1. Envían tamén a convocatoria da Comisión de Persoal para o 2 de decembro, onde se votan as bases das convocatorias, coa mesma documentación exactamente que a da Mesa Xeral de procesos selectivos de Finanzas e Gardacostas. Isto demostra unha nula vontade negociadora.

    ResponderEliminar