Achéganos Función Pública unha guía cos "procesos selectivos en curso". Realmente que non ofrece máis información da que xa deron na Comisión de Persoal e/ou xa estaba dispoñible na súa páxina web. Agradécese o detalle pero o que estamos demandando é un verdadeiro cronograma coa previsión do desenvolvemento dos diferentes procesos de inicio a fin e, sobre todo, que cumpran cos prazos de execución.
A maiores, no DOG do 9 de decembro publicáronse varias novedades con relación a varios procesos, entre elas, os procedementos de acreditación de méritos da fase de concurso das promocións internas do C1 e C2.
PROCESOS
SELECTIVOS EN CURSO.- 2/12/2016
PROMOCIÓN INTERNA.-CORPOS XERAIS
A1. Publicadas notas do 2º exercicio, e 3º exame (temas) o día 22 de decembro de
2016 (faltaría o exame de galego de ser o caso e a fase de concurso).
A2. Pendentes notas 2 exercicio. Faltaría o exame de galego de ser o caso e a fase
de concurso.
C1 e
C2. Realizado exame de galego en novembro e están pendentes
notas e fase concurso.
ACCESO LIBRE.- CORPOS XERAIS
A1. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente en
xaneiro.
A2. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente o 12
xaneiro.
C1. Pendentes notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente en
xaneiro.
C2.
O exame de informática farase o día 20 de decembro en Silleda.
ESCALAS FINANZAS
Escala
superior. Publicadas notas terceiro exercicio Previsión xaneiro cuarto exercicio (temas).
Escala
técnica. Publicadas notas terceiro exercicio.
Pendente exame galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario