Achéganos Función Pública información dos "procesos selectivos en curso". Outra volta non ofrece moita máis información da que xa estaba dispoñible na súa páxina web. De novo, agradécemos o detalle pero insistimos que o que estamos demandando é un verdadeiro cronograma coa previsión do desenvolvemento dos diferentes procesos de inicio a fin e, sobre todo, que cumpran cos prazos de execución.
Por último, envían tamén as correccións á Orde de convocatoria do proceso selectivo da escala de axentes do servizo de guardacostas de Galiza. Ver cambios.
PROCESOS SELECTIVOS EN CURSO - 16/12/2016
PROMOCIÓN INTERNA.-CORPOS XERAIS
A1.. Publicadas notas do 2º
exercicio, e 3º exame (temas) o día 22 de decembro de 2016 (faltaría o exame de
galego de ser o caso e a fase de concurso). Vaise publicar no DOG do día 21/12/2016 o procedemento da fase de
concurso.
A2. Publicadas notas 2º
exercicio. O exame de galego non se faría xa que están todos exentos (pendente
de publicar a resolución de exención de
galego). Vaise publicar no DOG do día 21/12/2016, o procedemento da fase de
concurso.
C1 e C2. Realizado exame de galego en
novembro. Publicanse notas de exame de galego o día 19/12/2016 no DOG e
publicouse o procedemento da fase de concurso. A partir do día 20 de decembro
teñen que presentarse os méritos.
ACCESO LIBRE.- CORPOS XERAIS
A1. Publicadas notas 2º
exercicio. Realizarase o 3º exame o día 21 de xaneiro.
A2. Publicadas notas 2º
exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente o día 12 xaneiro.
C1. Publicadas notas 2º
exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente o día 19 de xaneiro.
C2. O exame de informática
farase o día 20 de decembro en Silleda.
ESCALAS FINANZAS.
Escala superior. Publicadas notas
terceiro exercicio Realizarase o 4º
exercicio (temas) previsiblemente o día 24 de xaneiro.
Escala técnica. Publicadas notas
terceiro exercicio. Exame galego en xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario