Recentemente a EGAP vén de comunicarnos que non publicará a parte específica do temario da oposición de Gardacostas. Ademais, seguen insistinto que os temarios non teñen carácter oficial, nin son vinculantes e pouco menos, que os poden publicar cando lles dea a gana, que para iso son das poucas escolas que publican algo e que non teñen orzamento para iso.
O pouco compromiso co tema da elaboración dos temarios que naceu aló por agosto de 2009, execútase agora con desgana e nula achega económica. Co cal, o único que acaba saíndo son refritos de temas xerais que non teñen ningunha oficialidade para os procesos selectivos. Demandamos uns temarios de calidade, tamén en galego, publicados en tempo e vinculantes. Debe ser parte da EGAP como servizo público de formación a cidadanía, en xeral, e as empregadas e empregados públicos, en particular, nos procesos de promoción profesional.
É fundamental para a seguridade xurídica dun proceso selectivo, claro e transparente, ter uns temarios oficiais para as persoas opositoras, para os tribunais e para as Administracións públicas. O contrario xa sabemos o que significa e temos sobrados exemplos na Xunta de sentenzas xudiciais que mandan repetir exames.
Ningún comentario:
Publicar un comentario