martes, 21 de febreiro de 2017

Concentracións contra o feminicidio mércores ás 20 horas

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este MÉRCORES 22 DE XANEIRO, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de María José Mateo García, en Redondela.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS ás 20 horas
  • A Coruña, Obelisco
  • Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño
  • Ourense, Castañeira
  • Pontevedra, Audiencia Provincial
  • Lugo, na Praza do Concello
  • Vigo, no Marco
  • Ferrol, diante do Concello
  • O Carballiño, diante do Concello
  • Ribeira, Praza do Concello
  • Bertamiráns, Praza da Maía
  • As Pontes, diante do Concello
  • A Ramallosa, cruce xunto o quiosco

Ningún comentario:

Publicar un comentario