O tribunal de selección do corpo administrativo-C1-promoción interna, da Oferta de Emprego do 2012 publicou o pasado venres 10 de marzo a Resolución pola que fan pública a puntuación provisional da baremación da fase de concurso.
Na puntuación recoñecida para a base II.3.1.1.b), “Grao persoal consolidado e formalizado” podemos observar como hai 10 persoas con puntuación “0”, cando as bases comezan puntuando con 3 puntos o grao mínimo do grupo C2. O motivo dos “0” puntos é que para ter o grao “formalizado” o funcionario ou funcionaria ten que facer unha solicitude expresa a Función Pública e que esta recoñeza por escrito o grao que de feito o funcionario xa ten “consolidado” e polo que xa está a recibir as retribucións, estando os datos en poder da propia Función Pública.
Este é un problema que aparece no proceso de promoción interna a C1, pero que se repetirá nos demais procesos, con consecuencias desastrosas para xente que vai quedar fora en beneficio doutras que entrarán.
Este é un problema que aparece no proceso de promoción interna a C1, pero que se repetirá nos demais procesos, con consecuencias desastrosas para xente que vai quedar fora en beneficio doutras que entrarán.
Cando o 14 de xullo do ano 2014 a CIG presentou as alegacións a estes procesos selectivos de promoción interna, alegabamos:
Grao persoal consolidado: en aras do recollido na Lei 30/1992, non ten sentido pedirlle á persoa interesada a certificación de datos que xa obran en poder da Administración. Por outra banda, o feito de actuar de oficio, fai máis eficiente a realización desta parte do procedemento o diminuír o volume de papel. Xa que logo, solicitamos a retirada do epígrafe "formalizado".
É dicir, que a CIG solicitou no seu día que a Dirección Xeral de Función Pública, ao estar en posesión dos datos do grao consolidado de todo o seu persoal funcionario, aplicase de oficio a puntuación correspondente sen máis esixencia de documentación. Función Pública non aceptou, e agora veñen consecuencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario