O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 23 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.
No sumario deste número atopamos baixo o epígrafe A Fondo, o artigo "Seguridade e saúde laboral dos/as traballadores/as de ETT: boas prácticas en coordinación empresarial e formación", que inclúe un Informe sintético do Grupo de Traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo creado co fin de identificar deficiencias en relación a estos temas e aportar posibles solucións.
Dentro do capítulo denominado Información, o Boletín acolle os artigos "A dixitalización e o futuro do emprego" e "Estratexia visión cero".

En Colaboración contamos co artigo "Radón un risco para ter en conta" de Ricardo Pol Sánchez, arquitecto e autor de "FORMA E RADÓN, estudo sobre a incidencia do deseño arquitectónico na concentración de gas radon e os seus descendentes en interiores".
Para rematar, baixo o epígrafe Sabías que...?, o artigo "Formaldehido: canceríxeno de categoría 1B".
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario