O xoves 6/4/2017 tivemos unha reunión os sindicatos con representantes da Xunta de Galicia para tratar o Fondo de Acción Social (FAS). Desde a CIG pedimos o seguinte:
- Solicitamos dotar o fondo de acción social co 1% da masa salarial.
- A recuperación de todas as axudas de antes da crise e aumentalas progresivamente.
- Que a concesión de todas as axudas sexa polo nivel de renda das familias.
- Os compañeiros de MUFACE e de outras administracións teñen dereito a axudas, por que aquí na Xunta de Galiza non as temos?
- Cando se van a publicar no DOG?
O resto de sindicatos fan cuestións parecidas, queixándonos da aplicación do IRPF ou da redución do prazo de presentación de instancias de 20 a 15 días.
Para responder e estas cuestións, a administración enviou dúas persoas sen capacidade de negociación real, un subdirector e un xefe se servizo. Como presidente e secretario deste “foro”, (eles mesmos lle chamaron así a esta reunión), dedicáronse a tirar balóns fora.
Sobre o aumento de orzamento e a volta ao nivel de axudas anterior a crise (e a súa ampliación progresiva) responderon que este “foro” non era o lugar axeitado. Din que o adecuado sería solicitalo na reunión co conselleiro de Facenda polos orzamentos. Dos demais puntos toman nota e comunicaranllo o director xeral de Función Pública.
Sobre os aspectos técnicos desta axuda:
- As retencións do IRPF é o Ministerio de Facenda quen as impón, as consellarías só as aplican.
- O prazo de presentación de solicitudes redúcese de 20 a 15 días.
- A aplicación informática téñena a punto (esperan que lle funcione).
- Seguramente irá ao vindeiro Consello da Xunta e logo publicarase no DOG, pode que en menos dun mes.
Resumo da reunión: o FAS continúa, un ano máis, reducido a unha única axuda. A administración non ten intención de recuperar o nivel de antes da crise e, aínda menos, de melloralo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario