A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia manifestou a súa desconformidade coa creación da escala de Persoal de Servizos Xerais (PSX) no actual corpo auxiliar, pola Lei 2/2017, de 8 de febrero, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, ante a Dirección Xeral da Función Pública.
Por unha parte, entende esta xunta de persoal que non se pode crear novas escalas cando as funcións encomendadas están asignadas a outras xa existentes nas diferentes escalas e especialidades dos corpos de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Por outra banda, esta escala creouse coa oposición de todas as organizacións sindicais.
Así, ao actual subgrupo C2, corpo auxiliar se lle asigna as seguintes funcións:
a. Administrativa e de apoio á xestión.
b. Atención e información aos usuarios.
E á actual Agrupación profesional de Subalternos se lle asigna as seguintes funcións: :
a. Recepción e portería.
b. Apertura e peche dos centros ou unidades.
Mesmo parte das función especificadas para a nova escala PSX, tales como “limpeza, lavandería, mantemento” ou as de “apoio en cociña e comedor”, entenden desde a Xunta de Persoal que xa están incluidas dentro das tarefas que o artigo 26 da Lei de emprego público de Galicia fai corresponder ás categorías de persoal laboral e que se recollen no V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta.

Polo tanto, considera a Xunta de Persoal que a de PSX obedece únicamente ao empeño da administración galega de precarizar aínda máis o emprego público en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario