luns, 8 de maio de 2017

Aberto o prazo para presentar as solicitudes do que queda do Fondo de Acción Social

No DOG do 8 de maio de 2017 publicanse os criterios de repartición do fondo de acción social (FAS) para o exercicio económico do ano 2016 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

O FAS continúa recortado pola aplicación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia que establece no seu artigo 3.1: suspéndese para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei a convocatoria, a concesión ou o aboamento de calquera axuda derivada do concepto de acción social, así como calquera outra que teña a mesma natureza ou finalidade, agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa, mentres estea en vigor esta lei.

Este recorte era para 2 anos revisable cando as grandes contas das Administracións foran mellor, pero seguen negándose a revertelo xunto con outras cuestións inxustas como a de pagar menos cando caemos en situación de enfermidade ou reducir o tempo de descanso do persoal laboral que traballa a quendas.
Desde o mesma día da publicación no DOG, pódese encher vía web a solicitude e anexos que se atopan no seguinte enderezo: http://www.xunta.gal/funcion-publica/fondo-de-accion-social Posteriormente, presentarase esa mesma solicitude impresa, debidamente asinada, ante as correspondentes unidades de persoal.

O prazo para cubrir as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas será de 15 días hábiles contados desde o día da publicación no DOG.

Prazos FAS 2016:
  • Do 8 de maio ao 30 de maio (inclusive): prazo para realizar a instancia na web e presentala no correspondente servizo de persoal.
  • Do 31 de maio ao 20 de xuño (inclusive): prazo para a certificación da instancia polos correspondentes servizos de persoal.
  • Do 21 de xuño ao 11 de xullo (inclusive): prazo para presentar a solicitude conformada polo servizo de persoal e a demais documentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario