venres, 7 de xullo de 2017

As folgas serven, vaia que si serven: o persoal do 112 tras 83 días de folga consegue todas as súas demandas

Típico escoitar na nosa sociedade que as folgas non serven para nada, froito dos recentes exemplos das folgas xerais ou do modelo de sindicalismo impulsado polos grandes sindicatos españois. Este sentir é compartido tamén por boa parte da maioría das traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza, que pensan que nos servizos públicos as folgas valen "aínda menos".

Vaia este recente exemplo do persoal do 112, da súa loita durante 83 días continuados, silenciada nos grandes medios, como exemplo de que as folgas non só foron ferramentas para conseguir dereitos laborais importantísimos no pasado, senón para conseguir (e en moitos casos, non perder) dereitos laborais no presente. Fai falta unidade, persistencia e convicción.

Que demandaban?: compensación económica polo traslado do centro de traballo de Santiago á Estrada, medidas de conciliación familiar e laboral e garantir a subcontratación no caso de que a Xunta cambie de empresa. Cousas lóxicas, pero que cheguemos ao punto de precisarmos 83 días de folga para conseguilas, di moito do nivel de precariedade laboral que hai instalada no noso país. Resta por resolver o mal funcionamento do programa informático e rematar coa privatización, pero a loita continúa.  Noraboa e ánimo!



Ningún comentario:

Publicar un comentario