luns, 17 de xullo de 2017

Incremento do 1% e outros conceptos salariais pendentes

Na nómina de xullo pagarán o 1%. Na nómina de agosto irán os trienios do Consorcio de Igualdade e Benestar.


O mesmo día que se publica no DOG a Lei 3/2017 de modificación da Lei de Orzamentos galegos, o director xeral de Función Pública informou aos sindicatos nunha xuntanza que tivemos o venres 14, que:

  • Na nómina de xullo irán os atrasos polo incremento do 1%, así como a corrección de erros nos trienios de determinado persoal.
  • Na nómina de agosto incluirán os atrasos polos trienios do persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar, tras rematar o recoñecemento dos servizos prestados.

Está ben que a Administración pague ao seu persoal as cantidades comprometidas polo Goberno en acordos ou legalmente establecidas, só faltaría, pero esa boa nova só pode ser cualificada de "propina" como xa fixemos no Boletín deste mes e non comprace as demandas da CIG.

Recordamos que o IPC galego do ano 2016 foi do 3,2% e en xuño do 2017, o IPC galego interanual era do 1,6% (datos o Instituto Galego de Estatística).

Collamos o dato que collamos, un incremento do 1% é unha nova perda de poder adquisitivo que afonda aínda máis na enorme perda que as empregadas e empregados públicos levamos acumulando ano tras ano tras sucesivos recortes aínda non recuperados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario