O vindeiro mércores, 5 de xullo, terán lugar os actos de elección de destino.
Na OPE do 2009 ofertáronse unhas prazas de promoción interna de corpos xerais que finalmente se refundiron na OPE do 2012. Desde o 2012 non chegaron a convocarse as prazas resultantes ata xuño de 2015. Dous anos máis tarde terán lugar os primeiros actos de elección de destino para as persoas que non ocupen unha praza aberta ao corpo superior.
Con data do 3 de xullo publicouse no DOG a resolución coa convocatoria do acto de elección de destino definitivo dos procesos de promoción interna de corpos xerais que terá lugar o día 5 de xullo en San Caetano; a data xa se coñecía desde a semana pasada. Nesa resolución van os postos que ofertarán, as horas dos actos e as persoas chamadas. Ningún cambio nos criterios iniciais.
- CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN XERAL: 10.00h
- CORPO ADMINISTRATIVO DA ADMINISTRACIÓN XERAL: 11:00h
- CORPO AUXILIAR DA ADMINISTRACIÓN XERAL: 12:00h
Na promoción interna do A1, a máis atrasado, publicaron no DOG do 4 de xullo a resolución do 29 de xuño da baremación definitiva da fase de concurso; abrirán posteriormente o prazo para a presentación de documentación.
Tamén pendentes do acto de elección os procesos de acceso libre que deberan ter lugar a finais do mes de xullo, segundo a úlitma informaicón facilitada por Función Pública. Estes procesos proveñen de OPEs máis recentes: 2015 o C2 e C1 e 2013 o A1 e A2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario