A plataforma SOS Sanidade xa convocou protestas para o próximo 4 de febreiro
O Goberno de Feijóo aprobou o pasado xoves 7 de decembro a reforma da Lei de Saúde de Galiza, coa que recupera o texto da elaborada pola Xunta do PP antes do bipartito. Deste xeito pon ao mesmo nivel a sanidade pública e a privada e recentraliza os servizos sanitarios, dificultando o acceso das persoas que viven nas zonas máis rurais ou illadas. A plataforma SOS Sanidade Pública, da que a CIG fai parte, acordou xa convocar mobilizacións para o vindeiro día 4 de febreiro.
Xunto con esta Lei publicouse o Decreto de desenvolvemento da Lei de Garantías, no que se recolle que se a sanidade pública non cumpre os tempos máximos de espera as e os doentes serán derivadas/os ás clínicas concertadas. Se a persoa reclama o seu dereito a ser atendida na sanidade pública, o Goberno do PP penalizaraa deixándoa sen recibir asistencia sanitaria no prazo indicado en función da súa patoloxía.
Con isto o PP cumpre as súas promesas coa sanidade privada e converte en negocio a saúde de todas as galegas/os, coa garantía de que se algo vai mal sempre estará a sanidade pública para financiar e solucionar os problemas que puidesen xurdir.
Feijóo argumenta que isto vai beneficiar a prestación de servizos nos hospitais comarcais xa que se vai aplicar unha mobilidade forzosa das facultativas/os e do resto do persoal dos grandes complexos hospitalarios cara aos hospitais comarcais, “como se circulando o persoal polo país adiante mellorase a atención sanitaria”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
Fronte a isto, a CIG-Saúde advirte que o que se pretende é agochar a amortización de prazas e a falta de persoal no sistema sanitario público, xa que na convocatoria de Oferta Pública de Eemprego (OPE) anunciada para 2018 quedan excluídas as máis de 2000 prazas que corresponden ás non convocadas entre 2010 e 2013. Un período no que só se cubriron o 10% das vacantes por xubilación.
Por iso reclama da Consellaría de Sanidade a constitución dun grupo de traballo para analizar con rigor esixido as necesidades de persoal do sistema sanitario público e todas as medidas necesarias para garantir a asistencia sanitaria independentemente do lugar onde se resida.

Amortización de prazas e falta de persoal

Ningún comentario:
Publicar un comentario