O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 1 de marzo, ata o vindeiro 15 de xullo, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe. Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos.
O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 26. Delas, sete listas son para traballar como persoal funcionario interino e 17 para traballar como contratado laboral, ás que hai que engadir outras dúas para persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na web da Xunta de Galiza, no apartado Listas de Contratación. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo. Outra cousa é que finalmente as listas se movan ou non, máis ou menos...
O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.
Entre as listas abertas están as de persoal veterinario, escala superior de finanzas, director/a de centro social, enfermeiro/a, fisioterapeuta, xefe/a de cociña, auxiliar de clínica, auxiliar de fogar, limpador/a, axudante de servizos técnicos ou bombeiro/a forestal condutor.

Caso particular e actualización de méritos
O DOG de hoxe inclúe tamén unha resolución de apertura de listas para o caso particular das listas elaboradas para a cobertura de postos de traballo das escalas de profesores/as numerarios e mestres/as de taller de Institutos Politécnicos Marítimo Pesqueiros como consecuencia de que os requisitos para incorporarse ás diversas especialidades destas dúas escalas cambiaron.
Ademais, o DOG publica no número de hoxe a actualización profesional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde mañá ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.
Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas, así como as puntuacións totais das persoas integrantes das listas consecuencia da actualización de méritos, poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de Listas de contratación.
Ligazóns relacionadas:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-210218-0006_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-210218-0005_gl.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario