xoves, 1 de febreiro de 2018

Manifestación nacional en defensa da Sanidade Pública: 4 de febreiro

O domingo 4 de febreiro, SOS Sanidade Pública, da que forma parte a CIG, ten convocada unha MANIFESTACIÓN NACIONAL en defensa da Sanidade Pública e contra a nova Lei galega de saúde. A manifestación sairá ás 12:00 h. da Alemeda de Santiago de Compostela.

NON A ESTA LEI DE SAÚDE
  • O Partido Popular e o Presidente Feijoo aprobaron a reforma da Lei de Saúde para consolidar a privatización da sanidade pública e incrementar o negocio das empresas privadas a costa da nosa saúde.
     
  • Unha Lei que afasta a sanidade do lugar de residencia das persoas.
     
  • Unha Lei aprobada no contexto dunha diminución do orzamento destinado á sanidade pública.
     
  • Unha Lei que consolida menos camas de hospitalización en funcionamento, maior demora na asistencia das urxencias, incremento das listas de agarda para cirurxía e probas diagnósticas.
     
  • Unha Lei que fomenta o enriquecemento duns poucos a costa do diñeiro público.
     
  • Unha Lei que oculta e impide o debate sobre a necesidade de cobertura de profesionais no sistema sanitario público.
     
  • Esta falta de profesionais tamén vai a afectar as/os Medicas/os de Familia, que vai facer o SERGAS pechar os centros de saúde?
     
  • Unha Lei que pon a investigación pública ao servizo da industria farmacéutica.
     
  • Unha Lei que limita a participación social.

Outra sanidade pública é posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario