venres, 16 de febreiro de 2018

Resumo do Pleno da Xunta de Persoal do 14/02/2018

O 14 de febreiro tivo lugar un Pleno da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais no que se trataron varios temas: apoio ás mobilizacións do persoal de Xustiza, queixa á Valedora do Pobo sobre RPTs, comunicado en contra da represión da liberdade de expresión, asuntos de trámite e varios.


Comunicado de apoio ás mobilizacións do persoal de Xustiza


Comunicado proposto pola CIG e apoiado unanimemente por todos os membros do Pleno. Podes consultar o seu contido aquí. Acordouse remitilo ao Comité de folga e darlle publicidade. O comunicado foi lido o 15 de febreiro ao remate das distintas manifestacións.


Queixa á Valedora do Pobo sobre RPTs

Nunha queixa dun funcionario á Valedora, esta respondeulle que a presenza dos sindicatos nas "negociacións" pouco menos que outorga lealidade ao que alí se acorde.  Acórdase por unanimidade presentar escrito de queixa, recordándolle á Valedora que na práctica destas negociacións pouco ou nada poden facer as organizacións sindicais, xa que non hai verdadeira negociación colectiva e a Administración fai ao final o que lle da a gana, aprobando as RPTs por Acordo do Consello da Xunta.

Comunicado en contra da represión da liberdade de expresión

 

Comunicado proposto pola CIG e apoiado unanimemente por todos os sindicatos de clase. Podes consultar o seu contido aquí. Acórdase darlle publicidade. "Curiosa" resultou a intervención do CSIF que deixou para a posteridade, entre outras perlas, que "Si hay tuiteros en prisión es porque lo merecen, esto no es Venezuela"

 

Asuntos de trámite

 

O Presidente informa sobre os  temas tratados pola Comisión Permanente: 

 

1) Problemática do rexistro  xeral  debido ao mal proceder da xefa de servizo. Comunícase que o 16 de febreiro haberá unha reunión coa Secretaria Xeral para a solución da problemática e que aínda está sin resposta o escrito solicitando información das carteleiras.
Tense coñecemento de que a solución adoptada pola Consellería foi ascender á xefa de servizo. Esto debe ser obxecto dedenuncia polo xeito incorrecto de resolver a situación, destacando a necesidade de non potenciar que este tipo de comportamentos sexan premiados con ascensos. Apróbase a proposta con 14 votos a favor e 1 abstención (CSIF).

 

2) Infórmase de que o venres 16 de febrerio está convocado o órgano a unha reunión coa Subdirección de Servizos transversais para tratar diversas cuestións (demanda de taboleiros, obras de San Caetano, queixas polos aparcamentos de San Lázaro…)

 

3) Dáse conta das xestións realizadas (xuntanza coa DX da Función Pública) pola problemática dos procesos selectivos dos delineantes: ampliación de prazas de 5 a 7. 

 

4) Coméntase que a Comisión permanente actúa con celeridade diante das queixas pero as respostas ou non se teñen ou son tardías. Dase conta da multitude de escritos sen resposta. Proponse publicitar os escritos sen resposta. Apoiase a proposta por unanimidade.

 

Varios 

 

CCOO informan do problema de saúde debido ao baixo índice de humidade nas instalacións do Arquivo de Galicia. Acórdase por unanimidade enviar escritos á Consellería, á Fundación como titular das instalacións e ao Comité de Seguridade e Saúde.

 

Proponse un cambio de titular da Secretaría (UGT) Sen obxeccións por ningún delegado queda designada M.ª Jesús Pérez Noya en lugar de Juan Loureiro Taibo.

 

CSIF informa de que están pendentes de designar delegados (en substitución dos que renunciaron) para facerse cargo da Comisión Permanente. 

 

CIG informa de que a Xunta está incumplindo a normativa de accesibilidade e a conseguinte adaptación das instalacións para persoas con discapacidade, levando xa máis de 3 meses fora de prazo. Acórdase tratar o tema e enviar escrito coa Subdirección de Servizos transversais e remitir copia ao Conselleiro de Facenda.

 

CCOO solicita adoptar medidas polos reiterados problemas da inspección de servizos sociais. Solicítase datos concretos para actuar e que o persoal se dirixa a Xunta de Persoal. Conclúe o tema sen adoptar ningún acordo, agardando que o persoal contacte directamente coa Permanente.

 

CIG explica o problema de baixas temperaturas e iluminación dos baños das instalacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Acórdase falar o tema na próxima reunión coa Subdirección de Servizos transversais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario