martes, 27 de marzo de 2018

5 millóns de euros para formar cadros sindicais, a cara B da Mesa Xeral de Negociación

O 26 de marzo publícase no BOE o acordo estatal para mellora do emprego público asinado por CCOO, UXT e CSIF co Goberno español.

O acordo en si xa foi analizado en sucesivas notas informativas, máis profundas das que fixo ningún dos sindicatos asisantes, por certo. No que queremos centrarnos hoxe é no ben esconden tras unha prosa moi elaborada a "pasta da formación de cadros sindicais" no punto 6 do dito acordo, que igual lles axudou a renunciar ao IPC no lugar do PIB como revalorización das nosas retribucións.

En el seno del grupo de trabajo de Impulso de la formación de los empleados públicos, creado en el Acuerdo para la mejora del empleo público suscrito el pasado 29 de marzo de 2017, se participará en la labor de prospección de necesidades de las iniciativas formativas para el personal al servicio de las Administraciones Públicas y se accederá a las acciones formativas dirigidas a la capacitación para el desarrollo de las funciones relacionadas con la negociación colectiva y el diálogo social.

Como xa informamos no seu día, na orde do día da reunión da Mesa Xeral de Negociación das AA.PP. o goberno incluíu unha proposta para asinar cos sindicatos a modificación do actual Acordo de Formación para o Emprego das AA.PP. (AFEDAP). O texto supón a adaptación ao novo marco da formación profesional no ámbito laboral, mais presenta no seu articulado unha novidade a salientar: todo un capítulo destinado ao financiamento de accións formativas dirixidas a cadros sindicais das diferentes organizacións sindicais con representación no sector público.

Nun documento previo, que recibiu un informe negativo da Avogacía do Estado, pretendíase incluír nese financiamento ás organizacións sindicais a representantes que nin sequera fosen empregados públicos, algo que finalmente foi retirado do texto que se presentou na Mesa, xa que sería abertamente ilegal.

A Área Pública da CIG amosou a súa desconformidade con este apartado do Acordo ao entender que a formación interna dos delegados e delegadas sindicais debe ser sufragada cos fondos propios das organizacións sindicais e que os cartos de formación deben destinarse na súa integridade a formar a todos os traballadores e traballadoras públicas, reforzando a formación continua.

Na propia Mesa, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, preguntou directamente a Secretaria de Estado de Facenda pola contía que se destinará ao financiamento desta formación sindical, xa que ese dato non formaba parte da documentación entregada. A Secretaria de Estado afirmou que sería superior aos 5 millóns de euros, o que implica que un 9% do total dos 58 millóns de euros dos plans de formación serían para formar a cadros sindicais. O texto contou co apoio de CC.OO., UGT e CSIF. Porén a representación da Área Pública da CIG na mesa amosou a súa preocupación polo control do gasto deses recursos. Preocupación que só foi compartida polo sindicato vasco ELA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario